Despois dunha fin de semana intensa, non podemos deixar de agradecer a tod@s @s que fixeron posible a I Xornada ecuestre Amarai, que tivo lugar nun entorno envexable, Marco das Pías Centro ecuestre.
Nela contamos coa presenza de María Jesús García, alcaldesa de Sobrado e Ánxela Franco, diputada provincial de Benestar social.
Queremos expresar o noso agradecemento a Javier González e ó seu equipo humano, especialmente Lara e Pastora pola axuda prestada; tamén ás estupendas voluntarias de Amarai Angelita e Raquel, e como non, unha vez máis, ós voluntarios e voluntarias de Obra Social «la Caixa».
E por último e non menos importante, moitas grazas ás asociacións que celebraron con nós unha exitosa xornada: Asociación ÍNTEGRO, Adisbismur Valadares Outes, Asociación Misela, Asociación Ambar e Asociación Avante. #capacesdíaadía #amarai20anos