Nova edición do curso de coiro

Posted on 22-09-2017 , by: AMARAI , in , 0 Comments

O venres 6 de outubro AMARAI inicia unha nova edición do curso de coiro que viña ofertando anos atrás, debido a boa acollida que sempre ten o mesmo. As persoas interesadas poderanse anotar ata o 4 de outubro.

Nesta oferta formativa trataranse os seguintes temas:

  • Formación no traballo coa pel profundizando no manezo dos útiles de traballo.
  • Prácticas de corte e costura en pel.
  • Técnicas de tinte, repuxado, troquelado, incisado, grabado…

Esta formación sempre se vai a adaptar ao nivel e características das persoas participantes.

Prezos:

  • Persoas socias da entidade: 14€/mes.
  • Persoas non socias da entidade: 18€/mes.
share: