María Mercedes García Filloy, escritora, mestra e psicopedagoga, presentou en Boimorto o seu libro «Na Busca do Nome» co que tivo o gran xesto de colaborar con AMARAI. Na presentación foron partícipes os usuarios do centro de recursos levando a cabo lecturas de diversos fragmentos do libro. Tamén se proxectou, aumentando a visibilidade da nosa entidade, o documental dos 25 anos de Amarai.