PRESENTACIÓN «NA BUSCA DO NOME»

Posted on 16-01-2024 , by: Asociación AMARAI , in , 0 Comments

Estamos moi agradecidos por esta nova iniciativa da que Amarai forma parte. María Mercedes, veciña do Concello de Boimorto , presenta o seu libro ‘Na Busca do Nome’ e quere colaborar coa venta do mesmo a favor de Amarai Asociación.
A presentación será o xoves día 8 de febreiro na Casa da Cultura de Boimorto a partir das 15:45h.
Non perdades esta cita onde coñeceredes a motivación de escribir unha serie de relatos moi persoais, nalgúns dos cales aparece reflexado o noso colectivo.
Poderedes colaborar con nós adquirindo o libro ese mesmo día.

share: