Dende AMARAI seguimos a traballar en propostas encamiñadas á mellora na autonomía das persoas con discapacidade. Este ano, levamos a cabo unha reforma integral dos baños cofinanciado pola Fundación Once coa aportación de 9500€ a través do Plan de Prioridades de COCEMFE do ano 2022, para unha eficaz prestación de servicios para a mellora na atención das persoas usuarias que acoden ó Centro de Recursos.
Dende AMARAI expresamos o sincero agradecemento á FUNDACIÓN ONCE por facilitarnos as reformas e, con iso, a calidade de vida dos nosos usuarios.