Cambio de Imaxe Corporativa

Posted on 19-07-2017 , by: Manuel , in , 0 Comments

Estamos orgullosos e orgullosas de presentar a nova imaxe corporativa da entidade. 20 anos só se cumpren unha vez, polo que apostamos pola innovación, mantendo os valores que nos caracterizan.

Así, queremos poñer en valor que son as persoas o elemento vertebrador que dá sentido a AMARAI, e destacar a importancia da inclusión na sociedade das persoas con discapacidade. Agardamos que vos guste!

share: