Como todos os anos por estas datas, e como pequena contribución a unha festividade tan importante para as/os galegas/os, como é o Día das Letras Galegas, desde AMARAI comprácenos invitarvos a todas e todos á representación teatral que levaremos a cabo o vindeiro día 16 de Maio ás 11.30 horas, no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa.
Neste espectáculo representaremos a obra principal «Liortas Rurais», na que veremos os desencontros dunha veciñanza ante o seu xuiz de paz, e 2 sketches «As Prantas da Alejría» e «Eau de Bosta», no que saberemos porque tiveron que acudir ata o xuiz para arreglar as trifulcas veciñais. Contaremos tamén cunha actuación musical e de baile a cargo da nosa compañía de Zumba. E todo isto presentado polas nosas queridísimas Jorrillas… que nos farán pasar unha mañá moi amena.
Agardámosvos a Tod@s para desfrutar dunha xornada de cultura en honra das nosas letras, polas que temos que loitar para que se sigan a usar.